Axencia Galega de Turismo .

Centro de Interpretación do Castelo de Pambre. 2016.

O Centro de Interpretación do Castelo de Pambre é unha infraestrutura cultural que revela as claves interpretativas deste monumento, considerado como o exemplo de arquitectura militar máis importante da Idade Media Galega. O edificio foi mandado construír a finais do século XIV por Gonzalo Ozores de Ulloa, aproveitando un promontorio rochoso aos pes do río Pambre, e constitúe a única fortaleza que chegou ata os nosos días sen apenas sufrir ataques nin modificacións estruturais relevantes. O centro de interpretación que vostede está a visitar, amosa os valores máis relevantes da historia do edificio mediante un recorrido expositivo ordenado en catro salas:

Sala 1: Audiovisual_ a memoria do lugar.

Sala 2: O Camiño de Santiago e o Castelo.

Sala 3: A sociedade medieval e os Ulloa Ozores.

Sala 4: O Castelo de Pambre.

 

AVISO DE COOKIES: Este sitio web hace uso de cookies con la finalidad de recopilar datos estadísticos anónimos de uso de la web, así como la mejora del funcionamiento y personalización de la experiencia de navegación del usuario. Si continúa navegando se considera que acepta nuestra política de cookies. Aceptar Más información