Vimianzo.

Guía Virtual. 2015.

A proposta de TRIVIUM obtivo 96 dos 100 puntos posibles na licitación convocada polo Concello de Vimianzo para o deseño e produción da Guía Virtual das Paisaxes Costeiras. O traballo consiste na visualización do territorio e dos seus recursos mediante fotografías interactivas 360 HD, nas que se colocan iconos de información gráfica, textual e auditiva. Deste xeito, facilítase a navegación virtual por algúns puntos de interese que teñen lazo coa identidade mariñeira do territorio.

A web está programada para o seu uso en todo tipo de soportes polo que o seu visionado está optimizado tanto para ordenadores personais (PC e Mac), como para dispositivos móbiles (teléfonos e tabletas con Android ou iOS). A información está dispoñible en tres idiomas: galego, castelán e inglés.

Ver proxecto
AVISO DE COOKIES: Este sitio web hace uso de cookies con la finalidad de recopilar datos estadísticos anónimos de uso de la web, así como la mejora del funcionamiento y personalización de la experiencia de navegación del usuario. Si continúa navegando se considera que acepta nuestra política de cookies. Aceptar Más información