Atúa

Plan de Comunicación. 2009.

Á hora de deseñar o plan de comunicación de A_túa creación e produción artística, desde Trivium valoramos en primeiro lugar a urxencia de crear un discurso comunicativo claro e explícito orientado aos medios, institucións e ao ámbito da cultura en xeral, centrando a mensaxe nas ideas-forza do colectivo: a creación dunha empresa de carácter artístico, con todo o que conleva a dobre definición, e a indubidable noticia do “nacemento” dunha empresa destas condicións nun momento de absoluta crise na que o habitual e ver como non se sosteñen outros proxectos empresariais.

A creatividade e a innovación como recursos materializáronse no evento co que culminou a visibilización pública de A_túa, a chamada Acción Rosa: Un evento aberto no que mostrar aos asistentes algúns dos seus produtos artísticos, a web de comunicación e os creadores desta proposta pioneira no ámbito empresarial e cultural galego.

Ver proxecto
AVISO DE COOKIES: Este sitio web hace uso de cookies con la finalidad de recopilar datos estadísticos anónimos de uso de la web, así como la mejora del funcionamiento y personalización de la experiencia de navegación del usuario. Si continúa navegando se considera que acepta nuestra política de cookies. Aceptar Más información