Santiago.

Ruta: "De ponte a ponte polo río Sarela".

A recente recuperación e acondicionamento do río Sarela enlaza o entorno rural de Compostela coas zonas verdes periurbanas. No seu percorrido destacan tanto os propios elementos que lle confiren unha grande riqueza medioambiental coma restos do aproveitamento tradicional do leito do río: Lavadoiros, muíños, regadíos e, sobre todo, os vestixios das fábricas de curtidos, que tiveron gran importancia no desenvolvemento industrial de Compostela no século XIX.


O proxecto desenvolveuse en dúas fases. Unha primeira, co deseño dun folleto despregable que recolle información de utilidade sobre a ruta e os recursos naturais e culturais que se poden atopar. Dividida en nove tramos, e ruta é accesible desde calquera deles, podendo deseñar o visitante a ruta ao seu gusto. Na segunda fase deseñouse un sistema de sinalización, que complementa e amplía a información ao visitante, mediante balizas de sinalización, sinais direccionais e paneis informativos.

AVISO DE COOKIES: Este sitio web hace uso de cookies con la finalidad de recopilar datos estadísticos anónimos de uso de la web, así como la mejora del funcionamiento y personalización de la experiencia de navegación del usuario. Si continúa navegando se considera que acepta nuestra política de cookies. Aceptar Más información