Comunicación e deseño gráfico

Axudamoste a amosar a túa mellor cara. TRIVIUM funciona como un forte altavoz dos teus proxectos. Gracias ao profundo coñecemento dos medios de comunicación actuais, temos a capacidade de difundir e amplicar as coberturas das noticias culturais. Realizamos plans de comunicación, servizos de comunity manager, dossieres de prensa, xestión de contidos de páxinas web e perfiles de RR.SS, organización de presentacións, actos institucionais, deseño de marcas, logotipos, folletos, publicacións, catálogos, etc. Potencia a túa imaxe e atrae aos teus visitantes! Ponte guap@.

Un dos retos das institucións, empresas e entidades é comunicar as súas accións, difundir os seus programas e captar novos públicos. Identificarse no mercado, crear imaxes actuais e diferentes, acadar un espazo propio, dirixirse aos destinatarios cunha mensaxe próxima e empregar novas redes de transmisión de información son algúns dos obxectivos do noso traballo nas áreas de comunicación e deseño gráfico.

En Trivium ocupámonos da promoción de iniciativas, difusión de actividades, comunicación corporativa, captación de públicos, creación de redes propias e da comunicación directa aos destinatarios. Botamos man das novas tecnoloxías para dirixirnos a un público cada vez máis activo que selecciona a información e decide en función da calidade da oferta. Na nosa condición de consultoría integral, cada un dos proxectos deseñados por Trivium inclúe un plan de comunicación propio con accións creativas de difusión.

AVISO DE COOKIES: Este sitio web hace uso de cookies con la finalidad de recopilar datos estadísticos anónimos de uso de la web, así como la mejora del funcionamiento y personalización de la experiencia de navegación del usuario. Si continúa navegando se considera que acepta nuestra política de cookies. Aceptar Más información