Un dos retos das institucións, empresas e entidades é comunicar as súas accións, difundir os seus programas e captar novos públicos. Identificarse no mercado, crear imaxes actuais e diferentes, acadar un espazo propio, dirixirse aos destinatarios cunha mensaxe próxima e empregar novas redes de transmisión de información son algúns dos obxectivos do noso traballo nas áreas de comunicación e deseño gráfico.
En Trivium ocupámonos da promoción de iniciativas, difusión de actividades, comunicación corporativa, captación de públicos, creación de redes propias e da comunicación directa aos destinatarios. Botamos man das novas tecnoloxías para dirixirnos a un público cada vez máis activo que selecciona a información e decide en función da calidade da oferta. Na nosa condición de consultoría integral, cada un dos proxectos deseñados por Trivium inclúe un plan de comunicación propio con accións creativas de difusión.