Facemos que sexa posible.
Trivium estratexias en cultura e turismo é unha iniciativa creada en Santiago de Compostela en agosto de 2004. Pensamos que a cultura e o turismo son sectores estratéxicos clave para o desenvolvemento sostible dun territorio. O noso compromiso como axentes culturais favorece a conceptualización e produción global de proxectos que promoven os referentes patrimoniais do pasado e do mundo actual.
Encontramos a idea.
Somos unha consultora integral que ofrece solucións concretas baseadas na creatividade, na calidade e as novas tecnoloxías nos ámbitos da cultura e do turismo. Analizamos obxectivamente cada situación, asesoramos, definimos estratexias, executamos e realizamos o seguimento, facendo partícipes de todos os procesos os nosos interlocutores; involucrándoos na acción. A nosa capacidade profesional e a nosa especialización técnica teñen un punto de unión: axudar a alcanzar os seus obxectivos eficazmente.
Experiencia contrastada.
Durante estes anos presentamos ducias de proxectos executivos a todo tipo de clientes: gobernos autonómicos, deputacións, padroados, axencias de desenvolvemento, concellos, fundacións, asociacións, empresas privadas, plans de dinamización e de excelencia turística, etc. A experiencia acumulada neste tempo, a adopción das últimas tendencias metodolóxicas e o permanente desenvolvemento de novas ferramentas converten a Trivium nunha empresa de referencia.