Interpretación do patrimonio e tempo de lecer

Tomando como referencia os preceptos e ensinanzas centeraias de Enos Mills e Freeman Tilden, creamos os recursos necesarios para que os usuarios/visitantes do patrimonio cultural/ natural atopen os significados de cada espazo. Posibilitamos a "arte" de conectar intelectual e emocionalmente ao visitante coas riquezas narrativas do recurso, para que xenere as súas propias liñas de lectura e promova valores de conservación e proteción do patrimonio.

Para achegar á sociedade ao patrimonio natural e cultural dun xeito real e eficaz, é necesario dar o paso entre a sinalización e descrición dun recurso e a toma de conciencia por parte do visitante do significado do lugar visitado. Isto só se consegue a través dunha planificación detallada antes de emprender calquera actuación, e da implicación dos destinatarios da mesma.

En Trivium traballamos na aplicación destes criterios ao ámbito do tempo libre, onde promovemos cos nosos proxectos unha ocupación activa do lecer, vinculada á educación ambiental, á conservación dos espazos visitados e a unha comunicación atractiva e efectiva.

AVISO DE COOKIES: Este sitio web hace uso de cookies con la finalidad de recopilar datos estadísticos anónimos de uso de la web, así como la mejora del funcionamiento y personalización de la experiencia de navegación del usuario. Si continúa navegando se considera que acepta nuestra política de cookies. Aceptar Más información