Formación e Xestión Cultural

A xestión cultura é un segmento de negocio moi amplo, no que ao longo dos anos desenvolvimos un catálogo de produtos amplo e diverso, completando a totalidade das etapas dun proxecto de xestión cultural, desde as actividades máis sinxelas ata as máis complexas. Formación e management cultural, xestión de programas culturais, industrias creativas, organización de congresos e seminarios, consultoría cultural, catalogación de arquivos, dinamización sociocultural, posicionamento de produtos culturais, presentación de informes técnicos. A oferta de TRIVIUM neste eido é inagotabel.

O binomio cultura e identidade ocupa hoxe a centralidade das políticas de desenvolvemento social e económico dos territorios. Desde Trivium entendemos a cultura na súa dimensión máis ampla e orixinaria: o espazo de xeración dos valores e das ideas, da convivencia e avance das sociedades. Acreditamos en que traballar en cultura é traballar na construción de civilidade, de cohesión social, de benestar e calidade de vida.

A perspectiva de traballo de Trivium é aberta e integrada, porque entendemos que hoxe en día cultura, comunicación e sociedade deben ir da man se queremos garantir o éxito e a eficacia dos diferentes proxectos. Mais a nosa ollada quere ser tamén dinámica e integral, capaz de atender de forma flexible as necesidades das iniciativas que se nos presentan.

Neste sentido, Trivium desenvolve a súa actividade nos máis diversos campos: creación artística, dinamización sociocultural, industrias culturais, internacionalización da produción cultural, …

AVISO DE COOKIES: Este sitio web hace uso de cookies con la finalidad de recopilar datos estadísticos anónimos de uso de la web, así como la mejora del funcionamiento y personalización de la experiencia de navegación del usuario. Si continúa navegando se considera que acepta nuestra política de cookies. Aceptar Más información