Turismo

En TRIVIUM desenvolvemos todo tipo de consultoría turística e deseñamos servizos vencellados ao turismo cultural: somos expertos na planificación, deseño e comercialización de produtos turísticos. Realizamos plans directores de turismo, deseñamos manuais de identidade e marca de destinos, posicionamos destinos, facemos enquisas, etc. De xeito destacado, somos pioneiros na creación de contidos para soportes tecnolóxicos de última xeración. Realizamos as primeras audio guías en Galicia, para o Concello de Betanzos, no ano 2006. Máis recientemente traballamos na implantación de códigos QR na sinalización turística e a Realidade Aumentada nos Smarqphones, xunto coas guías virtuais con fotografías 360HD.

Nos últimos tempos o turismo ten demostrado ser uns dos sectores económicos máis volubles e dinámicos. Tan só en dez anos aspectos como a desintermediación, Internet ou a fragmentación das vacacións, contribuíron a cambiar radicalmente os modelos clásicos do turismo. Neste senso, a intelixencia de mercado, a planificación e a xestión do coñecemento deben ser as ferramentas que permitan manter a competitividade das empresas e dos destinos.

Trivium preséntase aportando os servizos dunha consultoría integral experta no turismo que ofrece asesoría e execución de accións a destinos cunha forte vertente cultural. Planificamos o turismo a partir dun modelo de desenvolvemento endóxeno e sostible, baseado no equilibrio entre a calidade dos recursos patrimoniais (rehabilitándoos e poñéndoos en valor), a calidade de vida (ofrecéndolle á poboación local novas oportunidades de negocio ou emprego), e a calidade da experiencia (ofrecendo servizos adecuados aos visitantes).

Transformamos recursos potenciais en produtos tanxibles, facemos que a cultura e o patrimonio podan sustentarse por eles mesmos.

AVISO DE COOKIES: Este sitio web hace uso de cookies con la finalidad de recopilar datos estadísticos anónimos de uso de la web, así como la mejora del funcionamiento y personalización de la experiencia de navegación del usuario. Si continúa navegando se considera que acepta nuestra política de cookies. Aceptar Más información