Museos e Exposicións.
Realizamos todo tipo de servizos relacionados cos museos e as exposicións. Obradoiros didácticos, plans directores, estudos de público, deseño e produción integral de contidos, montaxe, traslado e desmontaxe de exposicións itinerantes, etc. Desde 2014 especializámonos tamén na explotación integral de equipamentos culturais, desenvolvendo un modelo de xestión propio, baseado na planificación estratéxica e o marketing cultural. O resultado deste sistema propicia o aumento de público visitante, a calidade da súa experiencia, a ampliación de programacións e o equilibrio financeiro.
Trivium, estratexias en cultura e turismo, aposta por solucións de vangarda e modernidade na xestión dos referentes patrimoniais do pasado e do presente. Só deste xeito se pode construír unha auténtica ponte cultural que favoreza o intercambio, o diálogo e o coñecemento.
O desexo de contribuír á conformación de sólidas industrias culturais no territorio leva a Trivium a plantexar una liña de creación de proxectos expositivos integrais, espazos concebidos desde a idea ata a concreción. Asumimos á vez a capacidade de iniciativas externas co fundamento dunha coidada organización.
Atopamos a idea e materializamos espazos que contribúen ao enriquecemento sociocultural dos lugares obxecto da nosa actuación. As nosas propostas teñen sempre en conta a súa recepción social, promovendo a reflexión sobre a significación dos obxectos culturais en relación ao contexto no que se desenvolven.
- Deseño e montaxe de proxectos museográficos.
- Xestión e dirección de exposicións temporais e itinerantes.
- Edición de materiais didácticos para exposicións.
- Elaboración de obradoiros e unidades didácticas para escolares.
- Deseño de centros de interpretación.
- Xestión e explotación integral de museos e centros culturais.
- Servizo de atención ao público visitante.